Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
40 minutos
Ingredientes
125 g de fideos
500 ml de caldo de polo
200 g de polo (en anacos non moi grandes)
100 g de feixóns verdes
1 dente de allo
1 cebola
1 pemento italiano
1 pemento vermello
1 tomate maduro
1 sobre de azafrán
pimentón doce
sal e aceite de oliva
Pasos
- En primeiro lugar cortamos a cebola, os pementos e o allo en brunoise. Nunha paella ou tixola baixa cun pouco de aceite douramos primeiro o polo e a continuación os feixóns e reservamos todo.
- Para preparar o sofrito engadimos o allo e a cebola á tixola e refogamos a lume baixo cun chisco de sal até que a cebola estea case pasada, momento no que incorporamos os pementos e deixamos cociñar outros 10 minutos. Pasado este tempo botamos o tomate pelado e cortado en cadrados e cociñamos ben. Botamos tamén unha culler pequena de pimenton e remexemos para que se cociñe.
- A continuación incorporamos os fideos para que se douren uns minutos, colocamos os anacos de polo e os feixóns e regamos co caldo. Botámoslle tamen o azafrán, mesturamos todo e cociñamos a fogo forte uns 7 ou 9 minutos dependendo do tipo de fideos e de como nos gusten. Deixamos repousar un pouco antes de servir.
