Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
25 minutos
Pasos
- A preparación desta sobremesa é ben sinxela pero non por iso menos saborosa. Comezamos lavando e partindo á metade os pexegos, retirámoslles a carabuña e colocámolos nunha fonte apta para o forno co corte cara arriba.
- A continuación, metémolos no forno a 180º durante 15 ou 20 minutos, dependendo do seu tamaño. Cando os teñamos cociñados retiramos do forno e esmagamos as bolachas coa axuda dun morteiro ou meténdoas nunha bolsa de conxelar.
- Servimos os pexegos nun prato cunha camiña de area de bolacha por baixo e acompañados dunha bola de xeado de vainilla.
