Sobre nós

Tona & Anxo: Amantes da cociña, somos dous lambóns e gústanos experimentar, ler receitas e facelas á nosa maneira. Desfrutamos dándolle mil usos ao forno e encántanos espolvorear especias nos nosos guisos. Cunha herdanza reposteira e cociñeira seguimos os nosos instintos e mesturamos o mellor que nos ofrecen as nosas terras: o Atlántico e o Mediterráneo, incluíndo sempre todo aquilo que semella atractivo doutras rexións.

Bo proveito!!