Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
75 minutos
Ingredientes
3 plátanos maduros
90 g de manteiga
100 g de azucre branco
100 g de azucre moreno
1 ovo
1 culleriña de esencia de vainilla (5ml)
225 g de fariña de trigo
6 g de fermento en pó
1/4 culleriña de sal
250 g de chocolate negro
- MOLDE
Molde de metal rectangular de 26x12x7.5
Pasos
- Pelamos e machucamos os plátanos nun cunco. Derretemos a manteiga no microondas a baixa potencia e engadímola aos plátanos esmagados.
- Engadimos o ovo, o azucre moreno e o branco e a vainilla. Remexemos todo cun batedor de globo.
- Mesturamos a fariña co lévedo nun cunco e engadímola ao resto dos ingredientes peneirándoa. Coa axuda dunha lingua mesturamos todo até que fique homoxéneo.
- Cortamos o chocolate en anacos non moi pequenos e engadímolos á masa. Remexemos todo.
- Metemos no forno, que previamente quentamos a 160º C, deixámolo durante 65 minutos máis ou menos. Podemos comprobar que está listo se o picamos cun pauiño e sae seco.
- Sacamos do forno, deixamos arrefríar 20 minutos e tiramos o molde.