Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
100 minutos
Ingredientes
3 porros
100 g de carne picada
60 g de arroz
½ tomate
2 culleres de aceite
1 limón
sal
pementa negra
comiño en pó
pemento doce en pó
noz moscada
menta fresca
pirixel fresco
2 culleradas de mel
Pasos
- En primeiro lugar imos preparar os porros. Lavámolos e facemos un corte lonxitudinal polo medio para separar todas as capas como follas.
- A continuación preparamos o recheo, para isto mesturamos nun cunco a carne, o arroz, o tomate cortado en dadiños, o aceite, un chorriño de limón e as especias ao gusto. Engadimos tamén pirixel e menta fresca picados e remexemos para integrar todos os ingredientes.
- Para montar os saquiños colocamos unha culler de sobremesa do recheo nunha folla de porro e imos dobrando en forma de triángulos ao longo do porro até arriba. Repetimos o proceso até rematar o recheo e colocámolos nunha bandexa apta para o forno.
- Para asalos imos facer un mollo antes, para isto mesturamos o mel co zume de medio limón, 20 ml de aceite e 100 ml de auga. Botámolo sobre os porros e tapámolos primeiro con papel de forno e a continuación con papel de aluminio.
- Cociñamos no forno a 180º durante 75 minutos. Pasado este tempo comprobamos se se evaporou todo o caldo, de ser así engadimos un vaso de auga, e deixamos outros 15 minutos no forno sen cubrir. Servimos quentiños.




















