Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
1 lata de ananás en almibre (820g)
2 sobres de xelatina de ananás
sobaos
400 ml de nata para bater
caramelo líquido
- MOLDE
Bandexa de 30×21
Pasos
- A elaboración desta torta é moi sinxela. En primeiro lugar abrimos a lata de ananás e botamos o almibre nun cazo. Poñemolo a lume medio e cando estea quente pero sen chegar a ferver botamos a xelatina e remexemos ben até que se disolva.
- Neste punto retiramos do lume, engadimos a nata para bater e integramos todo para obter unha mestura homoxénea. Deixamos que arrefríe.
- Mentras a crema enfría un chisco comezamos a montar o resto da torta. Primeiro botamos na base dunha bandexa fonda caramelo líquido e por enriba desa capa de caramelo poñemos os toros de ananás. Logo colocamos os sobaos sobre a piña coa parte dourada cara abaixo e picámolos ben cun garfo para que máis tarde absorban ben todo o zume.
- Botamos a mestura do almibre coa nata e a xelatina sobre eles e deixamos enfriar na neveira unhas 4 horas para que se solidifique a crema.
- Para servila imos pasar un coitelo con moito coidado polos bordos da tarta para despegala e finalmente dámoslle a volta sobre a bandexa na que a imos servir.