Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
1 kg de mexillóns
300 ml de leite de coco
1 porro
4 dentes de allo
2 culleres de pasta de curry verde
1 culler de mollo asiático de peixe
1 lima
cilantro ou pirixel fresco
6 toros de xenxibre fresco
3 caienas
aceite de oliva
Pasos
- Comezamos sacándolles as barbas e limpando os mexillóns. Pasámolos por auga e poñémolos nun escoadoiro.
- A continuación nunha pota alta botamos un chorriño de aceite e engadimos o allo cortado en anaquiños, deixamos dourar un chisco mentras lavamos o porro e o cortamos en toros. Botámolo na pota e refogamos todo uns 5 minutos a lume medio.
- Non imos engadir sal porque o mollo de peixe é bastante salgado, pero podemos probar e rectificar antes de botar os mexillóns.
- Cortamos o xenxibre en toros, uns 6 máis ou menos, e engadímolo á pota xunto ás caienas. Engadimos tamén duas culleres de pasta de curry verde, o leite de coco e o mollo de peixe. Remexemos todo ben até desfacer a pasta de curry e deixamos cociñar uns 5 ou 10 minutos.
- Pasado este tempo engadimos os mexillóns, poñemos a tapa e agardamos uns 5 minutos até que abran todos.
- Servimos os mexillóns co mollo e sen tirar as cunchas. Botámoslles por enriba un chorriño de zume de lima e follas de cilantro ou pirixel fresco picadas para decorar.