Frittata de espárragos verdes, cabaciña, tomatiños cherry e queixo de cabra

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

30 minutos

A Frittata é un prato moi común na gastronomía italiana. Pode parecer unha tortilla de pataca pero é un chisco diferente, está entre unha tortilla e unha quiche. O ingrediente principal son os ovos e podemos botarlle o que queiramos, dende espaguetes a verduras, queixo ou carnes.

Ingredientes

  • 1 manoxo de espárragos verdes

  • 1 cabaciña

  • 6 ovos

  • 100 ml de leite

  • 50 g de queixo de cabra (rulo)

  • 8 tomatiños cherry

  • pementa negra moída

  • 3 allos

  • sal

  • aceite de oliva

Pasos

  • Imos empregar unha tixola de aceiro para poder metela directamente ao forno. Se non temos podemos refogar as verduriñas nunha tixola e logo pasalo a un molde ou bandexa que se poda meter no forno.
  • Lavámos os espárragos e cortámolos en anacos máis pequenos. Lavamos a cabaciña tamen e cortámola en toros non moi grosos. Reservamos.
  • Lavamos os tomatiños cherry e cortámolas pola metade. Cortámos tamén en toros o rulo de queixo de cabra e reservámolos.
  • Nunha tixola cun chisco de aceite douramos un pouco os allos cortados en anacos e a continuación engadimos os espárragos e a cabaciña. Salteámolos cun chisco de sal uns 5 ou 10 minutos até que estean cociñados.
  • Nun cunco á parte batemos ben os 6 ovos. Engadimos o leite e un chisco de pementa moída e batemos todo.
  • Botamos a mestura de ovo e leite na tixola coas verduriñas e colocamos por enriba os tomatiños cherry coa parte corta cara arriba e os anacos de queixo de cabra.
  • Metemos no forno, que previamente quentamos a 200º, durante uns 10 ou 15 minutos, segundo nos guste máis ou menos cociñado o ovo.
  • Retiramos a tixola do forno con cuidado de non queimarnos e servimos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará