Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
60 minutos
Ingredientes
- Para a masa:
150 g de manteiga
a temperatura ambiente95 g de azucre glas
30 g de améndoa moída
1 ovo
250 g de fariña de trigo
- Para a cobertura:
300 g de queixo fresco batido
15 g de azucre
1 limón relado
350 g de marmelada
de froitos vermellos- MOLDE:
Desmontable de 28 cm
Pasos
- Para a masa:
- Comezamos facendo a masa. Para iso mesturamos a manteiga a temperatura ambiente co azucre e as améndoas moídas coa axuda dun batedor de globo.
- Cando estea uniforme engadimos o ovo e a fariña pouco a pouco até ter unha mestura homoxénea. É unha masa bastante pegañenta, unha vez engadida a fariña mesturamos cunha lingua pasteleira.
- Despois de ter a masa preparada, botámola sobre un film transparente, cubrímolo con forma de bola e deixámolo repousar na neveira unha hora como mínimo. Podemos facela dun dia para o outro se queremos.
- Para o recheo:
- Lavamos un limón e relamos a sua pel, evitando partes brancas para que non amargue demasiado. Escorremos o soro do queixo e mesturamos coa reladura do limón e co azucre. Reservamos.
- Batemos a marmelada cun batedor para que fique máis líquida e reservamos
- Para montar a torta:
- É unha masa bastante pegañenta e dificil de traballar. Imos sacala da neveira e manipulala o máis rápido posíbel para evitar que se quente e sexa máis difil manexala. Cun rolete estendémola sobre papel de forno e colocámola sobre o molde. Colocámola ben e prememos nos bordos para retirar a parte sobrante. Retiramos o papel e cos anacos de masa que nos sobren facemos outra boliña e gardámola na neveira.
- Botamos por enriba da masa o queixo e a continuación a marmelada, esparexéndoas ben para que fiquen uniformes.
- Estendemos a boliña de masa que nos sobrou e facemos tiras que colocaremos cruzadas sobre a torta.
- Metemos no forno, que previamente quentamos a 170ºC, deixamos uns 35 minutos até que se doure a masa por enriba.
- Deixamos arrefríar un chisco antes de desmoldala e gardámola na neveira para servila ben fresquiña.