Detalles
Racións
4 persoas
Tempo de cociñado
50 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
1 brócoli
1 cebola
masa follada redonda
150 ml de nata para cociñar
2 ovos
70 g de queixo San Simón
aceite
sal
pementa moída
Pasos
- Lavamos o brócoli, separamos as ramas máis grandes e cocemos durante 5 ou 10 minutos até que fique ‘al dente’.
- Cortamos a cebola en brunoise e pochamos nunha tixola con un pouco de aceite.
- Mentras se pocha a cebola e coce o brócoli quentamos o forno a 180 graos e metemos a masa follada nun molde cubrindo a masa con garbanzos crus para evitar que suba. Deixamos 15 ou 20 minutos até que a masa este case feita e retiramos os garbanzos.
- Batemos os 2 ovos ben con un batedor de varas e engadimos a nata para cociñar cando estén ben batidos. Engadimos pementa negra moída e un pouco de sal.
- Cando o brócoli este cocido, reservamos as ramas máis vistosas e cortamos en anacos o resto.
- Mesturamos o brócoli cortado coa cebola na tixola e salteamos uns minutos.
- Engadimos o brócoli salteado coa cebola ao ovo e á nata e mesturamos.
- Cortamos o queixo en taquiños e engadimos á mestura anterior.
- Mesturamos ben o ovo e a nata coas verduras e o queixo e vertémolo enriba da masa follada no molde.
- Colocamos as ramiñas de brócoli máis vistosas por riba do recheo introducindo o talo das ramas na mestura.
- Metemos no forno 30 minutos aproximadamente até que se solidifique o recheo e colla algo de cor.
- Retiramos do forno e deixamos arrefriar uns minutos antes de quitar do molde.