Saquiños de porros asados

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

100 minutos

Ingredientes

  • 3 porros

  • 100 g de carne picada

  • 60 g de arroz

  • ½ tomate

  • 2 culleres de aceite

  • 1 limón

  • sal

  • pementa negra

  • comiño en pó

  • pemento doce en pó

  • noz moscada

  • menta fresca

  • pirixel fresco

  • 2 culleradas de mel

Pasos

  • En primeiro lugar imos preparar os porros. Lavámolos e facemos un corte lonxitudinal polo medio para separar todas as capas como follas.
  • A continuación preparamos o recheo, para isto mesturamos nun cunco a carne, o arroz, o tomate cortado en dadiños, o aceite, un chorriño de limón e as especias ao gusto. Engadimos tamén pirixel e menta fresca picados e remexemos para integrar todos os ingredientes.
  • Para montar os saquiños colocamos unha culler de sobremesa do recheo nunha folla de porro e imos dobrando en forma de triángulos ao longo do porro até arriba. Repetimos o proceso até rematar o recheo e colocámolos nunha bandexa apta para o forno.
  • Para asalos imos facer un mollo antes, para isto mesturamos o mel co zume de medio limón, 20 ml de aceite e 100 ml de auga. Botámolo sobre os porros e tapámolos primeiro con papel de forno e a continuación con papel de aluminio.
  • Cociñamos no forno a 180º durante 75 minutos. Pasado este tempo comprobamos se se evaporou todo o caldo, de ser así engadimos un vaso de auga, e deixamos outros 15 minutos no forno sen cubrir. Servimos quentiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *