Bacallau à Brás de Tomás

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

30 minutos

Este falso bacalhau à brás é unha versión vexetariana do coñecido prato portugués.

Ingredientes

  • 2 porros medianos

  • 1 cebola

  • 3 ovos

  • 150 g de patacas palla

  • 3 dentes de allo

  • ourego

  • pementa negra moída

  • sal e aceite de oliva

Pasos

  •  En primeiro lugar cortamos a cebola e o allo en cadradiños pequenos e tamén o porro en toros finiños. Refogámolos nunha tixola con aceite a lume baixo e cun chisco de sal até que as verduriñas estean pasadas.
  • Engadimos 100 g de patacas palla e remexemos todo ben durante uns minutos. A continuación batemos os ovos, facemos un oco no medio da mestura de porro para botalos e remexemos constantemente até que o ovo se cociñe e se integre ben co resto de ingredientes.
  • Incorporamos o resto de patacas para darlle un toque crocante e mesturamos até que fique homoxéneo. Servimos ben quentiño e decoramos por enriba con pementa negra moída e ourego seco.