Baozis de Zamburiña

Detalles

Racións

18 unidades

Tempo

2 h

Dificultade

Media

Ingredientes

  • 200 g de fariña de trigo

  • 125 g de auga

  • 18 zamburiñas

  • 1 ceboliña

  • 1 cabaciña

  • salsa de soia

Pasos

  • Para a masa:
  • Mesturamos a fariña cunha cullerada de sobremesa de sal e coa auga quente, amasamos un pouco e deixamos repousar 20 minutos. Voltamos amasar outro pouco e deixamos repousar unha hora.
  •  Pasado este tempo facemos un burato no medio da masa e imos estirándoa até ter un colar do mesmo grosor. Partimos en 18 anacos iguais a masa, e cun rolete e un pouco de fariña estiramos moi ben os anacos até que quede ben fina. 
  • Para o recheo:
  • Picamos en anacos pequenos a cabaciña e botámoslle un chisco de sal para que solte a auga. Agardamos 15 minutos e escorrémola premendo coas mans.
  • Picamos tamén en anacos pequenos a cebola e as zamburiñas e mesturámolo coa cabaciña escorrida. Endímoslle duas culleradas de salsa de soia e remexemos todo.
  • Colocamos sobre a masa estirada unha cullerada de recheo e pregamos os bordos mollandoos suavemente para pechala facendo saquiños.
  • Colocamos follas de leituga ou papel de forno baixo os saquiños para que non se peguen e cociñamos ao vapor durante 10 ou 15 minutos, se non temos unha vaporeira podemos colocalos nun coador grande sobre unha pota con auga fervendo. Comémolos acompañados de salsa de soia para mollar.