Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
25 minutos
Ingredientes
½ cunca de café puro frío
400 ml de nata para bater
200 g de leite condensado
cacao en po
Pasos
- A preparación deste xeado é moi sinxela e non precisa de máquina para facer xeados. Comezamos batendo a nata cun batedor de globo eléctrico, ao primeiro a baixa potencia e subindo pouco a pouco até que a nata debuxe sucos.
- Engadimos o leite condensado e o café frio e mesturamos co batedor de globo a baixa potencia até que se integren os tres ingredientes. Botámolo nun recipiente con tapa e metémolo no conxelador.
- Imos remexer esta mestura cunha culler cada media hora un total dunhas 3 ou 4 veces para evitar que quede moi duro. Deixamos no conxelador até que se solidifique de todo e servimos en forma de boliñas. Podemos botarlle cacao en po por enriba para decorar.