Crema fría de cogombro, coliflor e xenxibre

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 5 ramiñas de menta fresca

  • 90 g de xenxibre

  • 350 g de coliflor

  • 8 cogombros pequenos (650 g)

  • 1 dente de allo

  • 4 iogures gregos (500g)

  • 2 culleres de zume de limón

  • aceite de oliva

  • 70 g de améndoas laminadas

  • sal e pementa branca

Pasos

  • Cortamos 30 g de xenxibre en toros. Lavamos e separamos en ramiñas a coliflor e cocémola co xenxibre en toros e 4 ramas de menta durante 5 minutos, de xeito que estea cocida pero algo dura.
  • Escorremos a coliflor e reservamos. Tiramos o xenxibre e a menta coas que cocimos a coliflor.
  • Pelamos os cogombros e botámolos en anacos no vaso dun batedor xunto ao resto do xenxibre relado, o allo esmagado, o iogur, o zume de limón, unha culleriña de sal e 1/2 culleriña de pementa branca. Trituramos todo até obter unha crema homoxénea e gardamos na neveira unha hora como mínimo.
  • Para servir:
  • Nunha tixola cun chisco de aceite quente, botamos as améndoas e salteámolas durante uns minutos até que fiquen douradiñas. Engadimos as follas de menta restantes cortadas en anacos e mesturamos coas améndoas. Retiramos do lume, engadimos un chisco de sal e agardamos até que arrefríen.
  • Servimos en cuncos individuais cunhas ramiñas de coliflor no fondo e botamos por enriba a crema fría. Decoramos coa mestura de améndoas torradas e menta.