Detalles
Cantidade
4 persoas
Tempo
15 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
250 g de cuscus
1/2 iogur natural
uvas pasas sultanas
1 cenoria
1/2 cebola vermella
curry
aceite de oliva
vinagre
Opcional: 1/2 pastilla de caldo de polo
Pasos
- Botamos cuscus nun vaso para tomar a medida e despois botámolo nun prato fondo. Quentamos auga e engadimos a mesma medida de auga que de cuscus máis un chisco máis e remexemos ben con un garfo. Se queremos podemos disolver a pastilla de caldo de polo na auga.
- Picamos a cebola e a cenoura en tacos moi pequenos.
- Quitamos medio iogur do vasiño, e gardámolo.
- No vasiño do iogur engadimos curry, vinagre e aceite até encher o vaso. A continuación remexemos todo ben.
- Botamos a cenoura e a cebola no cuscus e posteriormente engadimos a salsa que acabamos de preparar co curry.
- Engadimos as uvas pasas e mesturamos ben.