Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
400 g de patacas novas
3 ovos
3 tomates
½ cebola
1 pemento verde
1 pemento vermello
200 g de bonito
150 g olivas
aceite de oliva, vinagre e sal
Pasos
- En primeiro lugar botamos auga nun cazo grande cun chisco de sal e cocemos os ovos durante 10 minutos e as patacas até que o picalas cun garfo estean brandas. Retiramos do lume, pelámolos e cortámolos en anacos non moi pequenos.
- Mentras arrefrían cortamos a cebola en brunoise e os pementos en cadrados. Cortamos tamén os tomates en cubos e as olivas pola metade.
- Finalmente mesturamos todos os ingredientes nunha ensaladeira e regamos ao gusto con aceite de oliva e vinagre. Servimos ben fresquiña.