Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
10 g de alga wakame
deshidratadapolbo cocido
galletas mariñeiras
con sementes de chía2 culleres de vinagre de arroz
ou outro tipo de vinagre1 culler de aceite de oliva
- Para a maionesa:
1 ovo
1 culler de sobremesa
de zume de limón1/2 culler de sobremesa de sal
80 g de aceite de oliva
80 g de aceite de xirasol
1 culler de sobremesa
de pemento picante
Pasos
- Botamos as algas nun prato con abundante auga morna e deixamos durante 15 minutos para que se hidraten. Pasado este tempo escorrémolas e cortamos o polbo en anacos.
- Mesturamos nun vaso unha culler de aceite de oliva con duas culleres de vinagre. Botamos a mestura sobre as algas e remexemos.
- Para a maionesa:
- Se non queremos facer na casa a maionesa podemos mesturar 3 culleres grandes de maionesa cunha culler de sobremesa de pemento até que estean ben integrados os dous ingredientes.
- Para facela na casa botamos no vaso dun batedor o ovo, o sal, o pemento e 2 culleres grandes de aceite. A continuación batemos co batedor pegado ao fondo durante un minuto.
- Continuamos batendo sen mover mentras botamos pouco a pouco o resto do aceite. Cando rematemos de botar o aceite, pasado un minuto máis ou menos cambiará o son que fai o batedor e comezamos a subilo de arriba a abaixo até que a maionesa estea lista.
- Para a montaxe:
- Colocamos sobre as galletas as algas, un pouco de maionesa de pemento por enriba e o polbo.