Ensalada de pataca alemá

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

20 minutos

A ensalada de pataca é un prato moi famoso en Alemaña, esta receita está moi boa pero tamen hai versións nas que se lle bota salchichas, cogombriños ou ovos cocidos. É ideal como entrante ou como acompañamento de peixes ou carnes.

Ingredientes

  • 500 g de patacas

  • 3 culleres de maionesa

  • 3 culleres de crema agre ou
    1 iogur grego natural

  • 1 iogur natular

  • 1 culler pequena de
    mostaza Dijon

  • 1 culler de leite

  • 1 ceboliña

  • 20 g de ceboliño

Pasos

  • Cocemos as patacas enteiras. Agardamos a que arrefríen un pouco, pelámolas e cortámolas en anacos.
  • Mesturamos a maionesa cos iogures, a mostaza e o leite. Remexemos todo até que fique homoxénea e reservamos.
  • Cortamos o ceboliño en anacos de dous dedos de longo e a ceboliña en brunoise.
  • Mesturamos a metade do ceboliño coas patacas aínda quentes e a ceboliña. Engadimos sal, pementa e o mollo que acabamos de facer, mesturamos todo ben até que queden ben integrados todos os ingredientes.
  • Gardamos na neveira e servimos ben fría co resto do ceboliño por enriba para decorar.