Ensalada temperada de ñoquis e espárragos verdes

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

20 minutos

Ingredientes

  • 200 g de ñoquis

  • 100 g de tomatiños cherry

  • 1 presa de espárragos

  • eiruga

  • 1 lata de anchoas

  • ½ cebola 

  • 2 allos

  • sal

  • aceite de oliva

Pasos

  • En primeiro lugar lavamos os espárragos e cortámolos en anacos duns 2 ou 3 cm de longo. A continuación quentamos un chisco de aceite nunha tixola e botamos os dous allos picadiños até que se douren.
  • Engadimos os espárragos tamén e salteámolos durante uns minutos.
  • Para cociñar os ñoquis poñemos unha pota ao lume con auga e un chisco de sal e cando comece a ferver botámolos. Pasados uns 3 ou 4 minutos comezarán a flotar e xa estarán cociñados. Escorrémolos e colocámolos nos pratos onde os vaiamos servir, engadímoslles os tomatiños lavados, a cebola cortada en xuliana, a eiruga e tamén os espárragos.
  • Mesturamos un pouco, decoramos por enriba coas anchoas e aliñamos con aceite de oliva antes de servir.