Escalopiños de tenreira con mollo de queixo azul galego

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 8 escalopiños de tenreira

  • 200 ml de nata para cociñar

  • 125 g de champiñóns laminados

  • 100 g de queixo azul

  • fariña de trigo

  • 2 allos

  • 1/4 vaso de viño branco

Pasos

  • Preparamos os espalopiños retirando partes de graxa se as tiveran e golpeámolos suavemente para aplanalos.
  • Salpementamos os filetes e pasámolos polos dous lados por un prato con fariña. Despois fritímolos nunha tixola cun chisco de aceite, e aos poucos minutos, cando estean ao punto, retirámolos e reservamos.
  • A continuación pelamos os allos, cortámolos finiños e dourámolos cun chisco de aceite na mesma tixola, logo engadimos os champiñons e refógamolos un anaco.
  • Engadimos o viño e deixamos a fogo médio. Cando estean cociñados os champiñóns e o viño teña reducido, engadimos a nata e o queixo cortado en anacos.
  • Integramos todo ben cando se derreta o queixo e deixamos uns minutos máis para que se cociñe a nata e espese.
  • Engadimos os escalopiños á tixola coa nata para darlles un golpe de calor e finalmente, servimos nun prato a carne co mollo por enriba. Podemos acompañar tamén con cacheliños con monda.