Focaccia

Detalles

Racións

4 persoas

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 500 g de fariña de trigo

  • 20 g fermento en pó ( ou 10g de fermento fresco)

  • 400 g de auga morna

  • 1 cullerada de sal fina

  • 1 cullerada de sal en escamas ou sal gorda

  • aceite de oliva virxe extra

  • 20 olivas negras

  • romeu

Pasos

  • Poñer o fermento nun cunco, engadirlle a auga morna, nunca quente nin fervendo.
  • Engadir aceite e sal e mesturar.
  • Engadir pouco a pouco a fariña tamizada e ir mesturando.
  • Cando a masa sexa homoxenea, deixamos tapada con un pano uns 30 minutos.
  • Facer 4 pregos con toda a masa: de arriba a abaixo de todo, de esquerda a dereita, de abaixo cara arriba e de dereita a esquerda. Se mollamos as mans axuda a que non se pegue a masa.
  • Deixar repousar 30 minutos e repetimos a acción dos pregos.
  • Deixar repousar outros 30 minutos e repetir a accion dos pregos por última vez.
  • Untar un recipiente alongado e fondo con ceite e transferir a masa.
  • Tapar con un film e deixar no frigorífico 24h.
  • Poñer papel de forno nunha bandexa, botar un pouco de aceite e transferir a masa.
  • Adornar ao gusto con olivas negras, romeu, sal e aceite.
  • Deixar repousar 30 minutos antes de meter no forno.
  • Meter no forno quente a 220 graos durante 20 minutos aproximadamente.
  • Deixamos arrefríar un chisco e lista para comer!