Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
400 g de garavanzos cocidos
400 g de espinacas conxeladas
ou frescas1 cebola
2 dentes de allo
pemento moído doce
comiño en pó
4 caienas
sal e aceite
Pasos
- Botamos un chisco de aceite nun wok ou tixola grande e douramos os allos nel.
- Picamos a cebola en brunoise e engadímola á tixola cun chisco de sal, remexendo de cando en vez.
- Cando a cebola estea pasada engadimos as espinacas e salteámolas, se son conxeladas teremos que agardar máis neste paso. Engadimos unha culleriña de pemento, as caienas cortadas en anacos e unha culleriña de comiño. Remexemos todo e engadimos os garavanzos ben escorridos.
- Seguimos salteando uns minutos até que se douren os garavanzos e servimos ben quentiños.