Gildas

Detalles

Racións

6 unidades

Tempo

10 minutos

Dificultade

Fácil

As gildas son un pintxo moi famoso no País Vasco. É un petisco delicioso, onde se mestura o salgado da anchoa co picante do chile e que adoita maridarse cun vermú na hora do aperitivo. 

Ingredientes

  • 6 escarvadentes

  • 12 olivas sen óso

  • 6 anchoas

  • 10 chiles ou piparras

Pasos

  • Cortamos as piparras a metade.
  • Espetamos unha oliva no escarvadentes, a continuación colocamos a anchoa e 3 metades de piparra. Podemos ir intercalando a anchoa con anacos de chile para ir envolvendoas. Por último colocamos outra oliva.
  • Repetimos o proceso até telas todas.