Mousse de limón

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 3 limóns

  • 250 g de queixo mascarpone

  • 200 ml de nata para montar fría

  • 80 g de azucre

  • 3 claras de ovo

Pasos

  • Lavamos ben e relamos a monda de dous limóns dos limóns e exprimímolos.
  • Botámoslles un chisquiño de sal ás claras e comezamos baténdoas a baixa potencia cun batedor de globo eléctrico, engadimos pouco a pouco o azucre sen deixar de bater e cando o teñamos todo imos subindo a potencia até que estean montadas.
  • Nun cunco diferente botamos a nata e o queixo mascarpone. Mesturamos até conseguir unha crema consistente, engadímoslle o zume de limón e a reladura e seguimos mesturando.
  •  A continuación botámoslle pouco a pouco as claras montadas, integrándoas suavemente e con movementos envolventes para que non perdan a textura.
  • Cando teñamos todo ben mesturado, separamos a mousse en vasiños individuais e deixamos repousar na neveira unhas 3 horas como mínimo. Servimos os vasiños de mousse coa reladura do último limón por enriba e cunhas folliñas de menta para decorar.