Pizza coa base de coliflor

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1 coliflor

  • tomates secos

  • 1 ovo (opcional)

  • 100 g de queixo mozzarela
    relado (opcional)

  • 1/2 pemento vermello

  • 1/2 cebola

  • champiñóns

  • salsa de tomate

  • follas de alfábega fresca

Pasos

  • Lavamos a coliflor e picámola cunha picadora.
  • Metémos a coliflor picada durante 8 minutos no microondas á máxima potencia.
  • Agardamos que arrefría un chisco, engadimoslle un ovo e 50 g de queixo mozzarela para darlle máis consistencia.
  • Mesturamos ben todos os ingredientes até ter unha masa homoxénea.
  • Colocamos sobre papel de forno a masa, extendémola cunha culler e dámoslle forma redonda.
  • Metémos no forno, que previamente quentamos a 180 graos, durante 15 minutos, até que se doure un pouco a masa.
  • Cubrimos con salsa de tomate e botámoslle queixo mozzarela por enriba. Engadimos a cebola, o pemento, os champiñóns laminados e o tomate seco.
  • Metemos no forno durante 10 ou 15 minutos.
  • Sacamos do forno e colocamos as follas de alfábega por enriba.