Polbo á feira

Detalles

Racións

3 persoas

Tempo

60 minutos

Dificultade

Media

Ingredientes

  • 1 polbo conxelado de 1,5 kg

  • sal gorda ou en escamas

  • aceite de oliva

  • pimentón picante “de la Vera”

Pasos

  • Precisamos que o polbo sexa conxelado para romperlle as fibras e que sexa posíble comelo, isto antigamente facíase mazando o polbo contra as rochas pero agora grazas ao proceso de conxelación non é necesario. Temos que desconxelar o polbo antes de cocelo. Para isto deixámolo a noite anterior na neveira e un par de horas antes de cociñalo a temperatura ambiente.
  • Nunha pota alta poñemos abundante auga a quentar pero sen que ferva e sempre sen sal, o polbo sálgase despois de cociñalo.
  • Coa axuda dun garfo grande picamos o polbo na cabeza e con cuidado de que non caia procedemos a asustalo. Picado co garfo sumerximos completamente o polbo na auga uns segundos e sacámolo, repetimos este procesos un total de 3 veces, sempre sen que chegue a ferver a auga. Isto faise para temperalo e que non se lle solte a pel.
  • Despois de asustar o polbo deixamolo cocendo na pota e cando comece a ferver contamos 25 minutos.
  • Pasados os 25 minutos debería estar no seu punto, isto vai depender sempre do tamaño. Para comprobalo, con un garfo podemos picar os tentáculo na parte máis grosa, é dicir, a parte cercana á cabeza. Se vemos que podemos picalo ben aínda que ofreza un pouco de resistencia, o polbo estará no seu punto, se non é así deixamos cocer uns minutos máis. Sempre é mellor que quede algo máis duriño que moi pasado.
  • Sacamos o polbo da auga e deixámolo enfriar uns minutos.
  • Pasado este tempo coa axuda dun garfo e unha tesoira de cociña ben afiada, imos cortando en anacos.
  • Servimos sobre un prato de madeira que previamente enchoupamos coa auga de cocer o polbo e botamos un bo chorro de aceite de oliva por riba.
  • Finalmente botamos a sal gorda ou en escamas e o pimentón por riba.
  • Podemos acompañar con cachelos ou con pan.