Queixo provolone ao forno

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

20 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1 toro de queixo provolone
    (150 g aprox)

  • 1 allo

  • ourego seco

  • aceite

Pasos

  •  Pelamos o dente de allo e cortámolo en dous anacos. Refregámolo ben por unha tarteira pequena ou algún recipiente apto para o forno e que teña un diametro similar ao do queixo.
  • Colocamos o queixo sobre a tarteira, botámoslle un chorriño de aceite por enriba e o ourego seco. Metémolo no forno que previamente quentamos a 180 graos durante uns 10 minutos até que se derreta e a continuación outros 5 minutos co gratinador para douralo.
  • Retiramos do forno con cuidado de non queimarnos e servimos no mesmo recipiente, ben quentiño e acompañado con pan para mollar.