Detalles
Racións
8 unidades
Tempo
45 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
1 cabaciña mediana
100 g de queixo madurado de cabra
300 g de espinacas frescas
1 dente de allo
aceite
Pasos
- Lavamos as espinacas e salteámolas cun pouco de aceite e o allo cortado en láminas finiñas. Cando as espinacas estean cociñadas engadimos o queixo cortado en tacos e remexemos ben até que se derreta e se mesture coas espinacas. Retiramos do lume e reservamos.
- Lavamos a cabaciña e sen pelala cortámola en láminas non moi grosas polo ládo máis longo, o ideal sería empregar unha mandolina para que todas saian co mesmo grosor pero podemos facelo cun coitelo se non temos. Imos empregar as láminas máis anchas, as primeiras capas podemos gardalas para outra receita.
- Collemos dúas láminas e colocámolas sobre unha superficie formando unha cruz, no centro desta cruz botamos cunha culler un pouco do recheo e pregamos as puntas cara o centro para pechar o saquiño.
- Dámoslle a volta para que non se abra e repetimos o proceso até ter todos os saquiños feitos.
- Por último fritímolos nunha tixola cun pouco de aceite até que collan algo de cor polos dous lados, ao sacálos colocámolos sobre papel absorvente para eliminar o exceso de aceite.