Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
20 minutos
Ingredientes
2 lombos de salmón
(300g)2 laranxas
1 limón pequeno
3 culleres de sobremesa de azucre
sal e pementa negra
Pasos
- Comezamos espremendo o zume das dúas laranxas e do limón. Engadímoslle un chisco de sal, pementa negra moída e as 3 culleres de sobremesa de azucre.
- Despois poñemos o zume nun cazo a fogo medio e deixamos reducir uns 10 ou 15 minutos mentras remexemos a cada pouco até que espese. Retiramos do lume e deixamos que arrefríe un chisco para que acabe de espesar.
- Mentras tanto cociñamos o salmón nunha prancha ou tixola, cun chisco de sal e pementa e sen necesidade de engadir aceite pois o salmón xa é graxo abondo.
- Cociñámolo primeiro polo lado da pel e pasados uns 5 minutos polo outro lado até que estea ben pasado.
- Servimos nun prato o salmón co mollo de laranxa por enriba. Podemos decorar cunhas folliñas de rúcula e acompañalo cunha ensalada.