Talos con chourizo

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 320 g de fariña de millo

  • sal

  • 250 g de auga

  • chourizos

Pasos

  • Quentamos a auga un pouco e reservamos.
  • Nun cunco botamos a fariña de millo e mesturamos co sal, remexemos ben e facemos un burato no medio.
  • Imos engadindo a auga pouco a pouco e amasando até ter unha masa homoxénea. Cando a masa deixe de pegarse ás mans e sexa compacta estará pronta.
  • Facemos unha bola e cubrimos cun pano, deixamos repousar 30 minutos.
  • Dividimos a bola en 8 boliñas máis pequenas e enriba do pano imos esmagando as bolas coas mans até formar tortas non moi gordas.
  • Quentamos ben unha tixola sen aceite e facemos as tortas nela, uns minutos por cada lado até que se douren.
  • Fritimos os chourizos na mesma tixola cun chisco de aceite e reservamos.
  • Comemos as tortas quentiñas dobrándoas co chourizo no medio.