Tartar de aguacate e manga

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

15 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1 tomate

  • 1/2 manga

  • 1 aguacate

  • 1 limón

  • 1 cebola morada pequena

  • Para a vinagreta:
  • aceite

  • vinagre balsámico de módena

  • mel

  • sal

  • pementa

Pasos

  • Cortamos o tomate e a cebola en taquiños pequenos.
  • Pelamos o aguacate e a manga e cortámolos en tacos do mesmo tamaño.
  • Exprimimos o limón por enriba do aguacate para evitar que se oxide.
  • Para a vinagreta:
  • Mesturamos unha cullerada de vinagre de módena, tres de aceite, unha de mel, un chisco de sal e pementa ao gusto.
  • Remexemos todo até que fique homoxéneo.
  • Para montalo:
  • Con un aro para emplatar imos colocando as verduras por capas e retiramos o aro.
  • Botamos un par de culleradas de vinagreta por enriba no momento de servir.