Torradas francesas

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

15 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 2 rebandas de pan de molde gordas
    ( especial para torradas)

  • 150 ml de leite

  • extracto de vainilla

  • amorodos e arandos

  • mel ou xarope de pradairo

  • manteiga

  • 1 ovo

Pasos

  • Batemos o ovo, engadímoslle o leite e media cullerada de sobremesa de extracto de vainilla. Remexemos todo.
  • Colocamos as rebandas de pan co ovo e o leite nunha bandexa fonda. Deixamos uns minutos para que se enchoupen ben.
  • Nunha tixola derretemos un anaco pequeno de manteiga, e cando estea ben derretida fritimos as torradas polos dous lados até que fiquen douradiñas.
  • Servimos con arandos e amorodos para decorar e regamos con xarope de pradairo ou mel.