Torta de amorodos

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

90 minutos

Ingredientes

  • Para a base:
  • 75 g de manteiga

  • 125 g de bolachas María

  • Para a torta:
  • 4 follas de xelatina

  • 250 g de queixo crema

  • 250 g de amorodos

  • 60 g de azucre

  • 200 ml de nata para bater

  • 6 amorodos

  • Para a cobertura:
  • 250 g de amorodos

  • 35 g de azucre

  • 3 follas de xelatina

  • MOLDE
  • Desmontábel de 18 cm de diámetro

Pasos

  • Comezamos triturando as bolachas nunha picadora ou meténdoas dentro dunha bolsa para conxelar e esmagándoas cun rolete. A continuación cortamos a manteiga en cadrados e derretémola no microondas a baixa potencia e parando cada 30 segundos para remexer até que estea líquida.
  • Mesturamos a manteiga derretida coas bolachas esmagadas até que se integren ben e colocamos na base do molde, aplanando ben coa axuda dunha culler. Metemos na neveira mentras continuamos co resto de elaboracións para que arrefríe e endureza.
  • O seguinte paso é facer o recheo da torta, para iso imos lavar os amorodos ben e tirarlles as folliñas para logo trituralos ben cun batedor.
  • Hidratamos durante 15 minutos as láminas de xelatina nun cunco con auga fría. Pasado este tempo escorrémolas un pouco e poñémolas xunto coas amorodos triturados nun cazo a lume baixo remexendo constantemente até que se disolvan as follas de xelatina. Retiramos do lume e deixamos que arrefríe un chisco.
  • Noutro cunco á parte botamos o queixo crema e a metade do azucre (30g) e batemos ben cun batedor de globo até que se desfaga o azucre e o queixo quede ben cremoso.
  • Imos montar a nata tamen. Engadimos a outra metade do azucre (30g) a nata para bater e montámola cun batedor de globo. Comezamos a baixa potencia e imos subindo pouco a pouco até que se debuxen sucos na superficie.
  • Cortamos pola metade os 6 amorodos e colocámolos sobre a base de bolachas coa parte cortada pegada ao molde. Cando desmoldemos os amorodos nas beiras farán máis bonita a nosa torta.
  • Finalmente mesturamos con cuidado a nata, o queixo batido e os amorodos. Remexemos ben até ter unha mestura homoxénea e vertemos no molde. Para evitar estragar a base de bolacha, non vertemos a mestura directamente sobre as bolachas, imos facelo sobre unha culler.
  • Deixamos no frigorífico unha hora para que solidifique.
  • Para facer a cobertura imos coller os 250 g de amorodos e reservar dous ou tres para decorar. O resto lavámolos e triturámolos coa axuda dun batedor. Hidratamos as follas de xelatina en auga fría durante 15 minutos e despois escorrémolas un pouco e botámolas xunto aos amorodos triturados e os 35 g de azucre nun cazo. Cociñamos ao mínimo e remexendo constantemente até que se disolva a xelatina.
  • Deixamos arrefríar e cando estea ben fría a mestura botamos sobre a torta, tamén coa axuda dunha culler para evitar verter directamente sobre a capa anterior.
  • Deixamos unhas 3 ou 4 horas na neveira para que arrefríe e solidifiquen ben todas as capas.
  • Colocamos os amorodos que reservamos enteiros sobre a cobertura e servimos.