Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
- Para a masa:
2 xemas de ovo
85 g de azucre
100 g de manteiga
( a temperatura ambiente)115 g de fariña
4 g de levedo en po
- Para a cobertura:
200 g de nata para bater
30 g de queixo crema
30 g de azucre glas
1 nectarina
- Para o puré de pexego:
2 pexegos
10 g de manteiga
un chisco de mel
- MOLDE
Redondo de 18 cm
Pasos
- Comezamos preparando a masa. Batemos as xemas co azucre até ter unha mestura homoxénea e o azucre estea desfeito. Engadimos a manteiga, o lévedo e a fariña pouco a pouco e imos mesturando cunha culler.
- Envolvemos a masa nun film transparente e deixámola na neveira. Deixamos 30 min como mínimo, podemos facela dun dia para o outro.
- Para cociñar a masa, extendemola cun rolete pero imos deixar o film transparente por enriba para que non se pegue, xa que esta mása é bastante dificil de traballar. É moi importante tamén que estea ben fria para facilitar a súa manipulación. Colocamos o molde por enriba e retiramos a parte sobrante.
- Metemos no forno, que previamente quentamos a 180º, durante uns 15 / 16 minutos. Imos vendo cando comeza a dourarse por enriba e retiramos.
- Despois cortamos pelamos e cortamos os pexegos, cociñámolos a fogo baixo nun cazo xunto co mel e a manteiga. Aos 15 minutos deberían estar xa brandiños, se non deixamos un anaco máis. Cando estean cociñados triturámolos cun batedor eléctrico.
- Mentras deixamos que arrefríe imos bater a nata. Botamos nun cunco a nata, o azucre e o queixo e batemos cun batedor de globo eléctrico. Comezamos a baixa potencia e imos subindo pouco a pouco até que se debuxen sucos na nata, o que nos indicará que xa esta pronta.
- Cando estean frias a masa e o puré de pexego podemos montar a torta. Para iso extendemos o pure por enriba e a continuación botamos a nata batida por enriba cunha manga pasteleira. Decoramos cuns anacos de nectarina no centro.