Torta de queixo con mel

Detalles

Racións

8 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 500 g de iogur grego

  • 200 g de galletas de avea

  • 60 g de manteiga

  • 400 g de queixo crema

  • 40 g de azucre glas

  • reladura dun limón

  • 150 g de chocolate branco
    para fundir

  • tomiño fresco

  • mel

  • MOLDE
  • Molde desmontable de 23 cm

Pasos

  • Botamos os iogures nun pano de cociña limpo sobre un cunco, unimos as catro puntas do pano e exprememos para escurrir o máximo líquido posíbel. Reservamos o iogur escorrido e tiramos o líquido.
  • Metemos as galletas nunha bolsa de plástico para conxelar e cun rolete esmagámolas ben. Cortamos a manteiga en anacos e derretémola no microondas a baixa potencia, remexendoa cada 30 segundos. Cando estea ben líquida mesturámola coas galletas esmagadas.
  • Forramos o molde con papel de forno e estendemos a masa de galletas na base, alisandoa para que quede co mesmo grosor. Reservámola na neveira.
  • Mesturamos o queixo crema co iogur escorrido, o azucre e a reladura do limón cun batedor de globo eléctrico até obter unha crema suave e homoxénea.
  • Cortamos o chocolate en anacos e derretémolo no microondas a baixa potencia, remexendo cada pouco tempo para que se funda ben e non sei queime. Engadimos o chocolate derretido a crema de queixo e remexemos cunha lingua para integralo.
  • Botamos a crema de queixo sobre a masa de galletas, igualámos a superficie ben cunha língua e metémola na neveira un par de horas para que gañe consistencia.
  • Desmoldamos a torta e antes de servila quentamos un par de culleradas de mel, botámoslle as follas de tomiño e vertémola sobre a tarta para decorala.