Torta de Santiago

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 250 g de améndoa

  • 250 g de azucre

  • 200 g de ovo

  • azucre glas

  • 25 ml de augardente de herbas

  • 1 limón

Pasos

  • Douramos as améndoas no forno a 120 graos durante uns 10 minutos. Temos que remexelas un pouco á metade do tempo para que se fagan ben por todos os lados. Sacámolas e deixámolas arrefriar.
  • Moemos as améndoas con un muiño de améndoa ou con unha picadora eléctrica. O muiño de améndoa manual non moerá toda a amendoa por igual, pero se usamos a picadora eléctrica temos que moer a amendoa con dúas texturas. A primeira moi fina, case como fariña, e a outra algo máis gorda.
  • Batemos os ovos e engadimos o azucre. Batemos ben con un batedor de varas até que a mixtura fique algo branca.
  • Engadimos a raiadura de medio limón e os 25 ml de augardente de herbas aos ovos.
  • Engadimos a amendoa moída que xa debería estar fría e mesturamos suavemente sen chegar a bater.
  • Quentamos o forno a 180 graos. Necesitaremos un molde baixo, duns 28 cm de diámetro máis ou menos. Colocamos papel de forno e vertemos a masa.
  • Metemos no forno durante 30 minutos aproximadamente a 180 graos con calor arriba e abaixo. Se vemos que se coce moito por arriba podemos poñerlle papel de aluminio para evitar que se queime nos últimos 10 minutos.
  • Deixamos enfriar 10 minutos e sacámola do molde.
  • Para facer o debuxo da Cruz de Santiago precisamos un padrón, podedes descargalo dende aquí para imprimilo e recortalo.
  • Colocamos o padrón sobre a torta e cun coador botamos o azucar glace por riba até que quede unha capa branca de azucre. Por último retiramos con cuidado o padrón coa cruz.