Detalles
Racións
8 racións
Tempo
90 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
- Para a masa:
333 g de améndoa crúa moída
240 g de azucre fino
338 g de pataca
- Para os tipos de panellets:
250g de piñóns
améndoas enteiras
5 culleriñas de café expreso
6 culleradas de coco relado
Pasos
- Cocer a pataca enteira coa monda.
- Pelar a pataca e pisala.
- Mesturar a pataca, o azucre e a améndoa moída.
- Facemos boliñas coa masa.
- Facemos os diferentes panellets: Para os tradicionais, poñémoslles piñóns ao redor. Para os de coco rebozámolos no coco relado e os de café mesturamos o café coa masa e decoramos coa améndoa enteira. Podemos substituir a pataca por boniato se reducimos un pouco a cantidade de azucre, ou se engadimos máis améndoa moída.