Bacallau á bizkaina

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

3 horas

Dificultade

Fácil

A salsa bizkaina é un mollo elaborado con cebola e carne de pementos chouriceiros. Faise a lume baixo durante varias horas para caramelizar as cebolas e unha vez lista cociñase nela o bacallau.

Ingredientes

  • 2 lombos de bacallau (400 g)

  • 2 cebolas moradas

  • 1 porro

  • 125 g de carne de pemento choriceiro

  • 8 dentes de allo

  • 1 pemento vermello

  • aceite

  • 150 ml de viño branco

Pasos

  • Confeitamos os allos no aceite, a lume moi baixo durante uns 15 minutos para darlle sabor ao aceite. Pasado o tempo retirámolos.
  • Botamos no aceite a cebola, o pemento e o porro picados ben finos, engadimos sal e refogamos a lume baixo durante unha hora e media máis ou menos, remexendo para que non se pegue ao fondo.
  • Engadimos o viño, remexemos ben e deixamos a fogo baixo media hora movendo de cando en vez.
  • Engadimos un pouco de auga ou caldo de peixe, e deixamos cociñar 30 minutos.
  • A continuación botamos a polpa dos pementos chouriceiros, mesturamos todo e deixamos outros 30 minutos. A polpa de pemento podemos mercala en bote ou mercalos secos e hidratalos e quitarlles a polpa cunha culler. A pel non se usa porque é moi amarga.
  • Pasado todo este tempo as verduriñas estarán ben pasadas xa, retiramos do lume e pasamos por un pasa-puré.
  • Voltamos botar a salsa na mesma pota e colocamos o bacallau coa pel para arriba, ben sumerxido no mollo. Deixamos uns 10 minutiños que se cociñe no propio mollo e servimos.