Mini Carolinas de Bilbao

Detalles

Racións

12 unidades

Tempo

45 minutos

Dificultade

Media

Molde

Molde para madalenas

As Carolinas son un doce típico de Bilbao e son tan rechamantes que protagonizan os escaparates de todas as pastelarías da cidade. Na base levan un pasteliño de arroz e cóbrese con merengue italiano por enriba, ademais o merengue decórase cun baño de chocolate e xema de ovo.

Aínda que os pasteis levan o arroz no nome, non o veredes nos ingredientes, hai varias teorías que explican isto: A máis extendida di que antes estos pasteis facíanse de arroz con leite, e por iso reciben este nome. Pero tamén hai outra que afirma que estes pasteliños foron traídos por mariñeiros dende Filipinas, onde se elaboraban con fariña de arroz e xa na cidade vasca foi substituida esta fariña por fariña de trigo, mantendo aínda así o nome. Sexa como for son un pasteliño delicioso, moi semellante aos coñecidos pasteis de Belém ou pasteis de nata portugueses.

Os pasteis de arroz podemos comelos sós tamén, pero coa cobertura de merengue que da orixe as Carolinas están exquisitos. Na nosa receita optamos por cubrir o merengue só con chocolate, omitindo a xema.

Ingredientes

  • Para a base:
  • 200 ml de leite

  • 200 ml de nata para montar

  • 100 g de manteiga

  • 2 ovos

  • 45 g de maicena

  • 70 g de azucre

  • 1 lámina de masa follada

  • Para o merengue italiano:
  • 240 g de azucre

  • 4 ovos

  • 80 g de auga

  • Para decorar:
  • 200 g de chocolate para fundir ao 75%

Pasos

  • Para a base:
  • Para a base das Carolinas imos facer os pasteis de arroz. Nun vaso botamos o leite e imos botando culleres de maicena e disolvendoa pouco a pouco para evitar que se formen bolos.
  • Cando teñamos disolta a maicena no leite, engadimos os ovos, o azucre e a nata e mesturamos todo ben.
  • Cortamos a manteiga en dadiños e derretémola a potencia baixa no microondas. Engadímola ao resto dos ingredientes e remexemos todo ben até ter unha mestura homoxenea.
  • Extendemos a masa follada e cortamos circuliños do tamaño dos moldes para madalenas e colocámolos neles.
  • Botamos o recheo nunha xerra pequena e enchemos os pasteliños con ela.
  • Metemos no forno que previamente quentamos a 180 graos durante 20 ou 25 minutos, até que se douren por enriba.
  • Cando collan cor, retirámolos do forno e deixamos que arrefríen un pouco antes de sacalos do molde. Colocámolos sobre unha rexa para que perdan temperatura máis rápido. Mentras imos facendo o merengue.
  • Para o merengue italiano:
  • Separamos as claras das xemas dos ovos e reservamos.
  • Botamos un chisco de sal sobre as claras e montamos cun batedor de globo, cando comecen a espumar engadimos 60 g de azucre e continuamos batendo até que se monte.
  • A continuación imos facer un almíbre. Botamos nun cazo os 80 g de auga e 180 g de azucre sen remexer. Poñémolo ao lume e deixamos até que alcance os 118 graos. Se non dispoñemos de termómetro, agardamos uns 5 minutos até que comece a burbullar abundantemente.
  • Cando o almibre estea listo engadímolo pouco a pouco ás claras en forma de fío mentras batemos. Continuamos batendo até que enfríe o merengue.
  • Coa axuda dunha manga pasteleira ancha decoramos por riba as Carolinas. Imos botando o merengue sobre o pastel de arroz e subindo pouco a manga para darlle a forma que a caracteriza.
  • Para decorar:
  • Cortamos o chocolate en anacos e botámolo nun cunco apto para microondas. Derretémolo a baixa potencia no microondas. Poñémolo medio minuto e remexemos, repetimos este proceso até que se derreta por completo o chocolate.
  • Imos collendo unha por unha as carolinas e con moito coidado mollámolas de lado no chocolate para cubrir o merengue. Deixamos que enfríe para que seque.