Tomates asados con chiles, allo e xenxibre

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

20 minutos

Ingredientes

  • 75 ml de aceite de oliva

  • 4 chiles vermellos secos

  • 8 dentes de allo

  • 4 tomates corazón de boi
    maduros

  • 1 anaco de xenxibre

  • sal en escamas e
    pementa negra moída

  • pirixel

Pasos

  • Cortamos os allos e o xenxibre en láminas e o chile en anacos. Quentamos o gratinador do forno á máxima potencia e mentras tanto nun cazo a lume medio quentamos o aceite e engadimos o chile, o xenxibre e os allos .
  • Imos remexento e deixamos até que o allo comece a torrarse. Retiramos do lume e coamos o aceite reservando os anacos de allo, xenxibre e chile. Cortamos os tomates en toros cun grosor dun centímetro máis ou menos e colocámolos sobre unha bandexa para o forno sen que se toquen.
  • Regámolos por enriba con duas culleres do aceite que infusionamos e botamolles sal en escamas e pementa negra.
  • Metemos no forno durante uns 10 minutos até que os tomates comecen dourarse. Sacámolos do forno e botamos por enriba o resto do aceite e os condimentos que tiñamos reservados.
  • Servimos quentes co zume que soltaron e con pirixel por enriba.