Panna cotta de laranxa con mel e noces

Detalles

Racións

4 racións

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 400 ml de nata para montar

  • 200 ml de leite semidesnatado

  • 120 g de azucre

  • 50 ml de zume de laranxa

  • 4 follas de xelatina (6 ou 7 g)

  • Monda dunha laranxa

  • Noces peladas

  • Mel

  • MOLDES
  • 4 vasiños de chato

Pasos

  • En primeiro lugar sacámoslle a monda á laranxa en tiras e evitando que leve parte branca. Facemos zume e reservamos.
  • Mesturamos a nata e o leite nun cazo e quentámola un pouco, engadímoslle o azucre e a monda da laranxa e agardamos a que ferva. Apagamos o lume, deixamos infusionar 5 minutos e retiramos as mondas de laranxa.
  • Hidratamos as follas de xelatina no zume de laranxa. Cando estean blandas, botámolas na nata aínda quente e remexemos até que se disolvan. Engadimos o zume de laranxa, mesturamos ben e agardamos até que estea morna.
  • Remexemos ben para que quede uniforme e botámola nos 4 vasiños. Agardamos que enfríe de todo e metémolas na neveira.
  • Servimos ben fría, con mel e noces peladas por enriba.