Detalles
Racións
1 persoa
Tempo
5 minutos
Un dos meus cócteles favoritos é o Gin Fizz, ten toques cítricos e faise con xenebra. Xorde nos Estados Unidos durante os anos 20 e pertence á familia dos fizz, un conxunto de cócteles que se caracterizan por ter un cítrico e un toque efervescente. Este clásico prepárase con xenebra, zume de limón, azucre, unha clara de ovo e un chorriño de soda. A clara de ovo ao axitala na cocteleira crea unha escuma por enriba que lle da a textura que o caracteriza. É esponxoso e suave e está realmente delicioso.
Ingredientes
45 ml de xenebra
30 ml de zume de limón
80 ml de soda
1 culler de azucre
1 clara de ovo
Xeo
- Para preparalo:
Vaso alto
Cocteleira
Pasos
- Botamos nunha cocteleira a xenebra, o zume de limón, a clara de ovo, o azucre e duas ou tres pedras de xeo. Batemos enérxicamente.
- Vertemos o contido da cocteleira no vaso, pero sen os xeos. A clara do ovo debería ter creado espume ao axitala.
- Engadimos a soda con cuidado sobre a mestura.
- Decoramos cunha roda de limón o vaso.