Mimosa

Detalles

Racións

1 persoa

Tempo

5 minutos

A mimosa é un cóctel moi suave e sinxelo, prepárase con zume de laranxa e con cava ou champaña. É ideal para a hora do brunch ou para o aperitivo pola súa baixa graduación alcohólica. A receita orixinal mestura en igual proporción o escumoso co zume pero podemos modificar estas proporcións ao noso gusto. Prepárase directamente á hora de consumilo e sírvese en copas, preferiblemente de champaña. Pódense decorarse con azucre os bordos para facelas máis vistosas.

Ingredientes

  • 75 ml de cava

  • 75 ml de zume de laranxa

  • Xeo

  • Azucre branco

Pasos

  • Enfriamos previamente a copa poñendo nela as pedras de xeo. Axitamos a copa cos xeos dentro e quitámolos antes de preparar o cóctel.
  • Colocamos un pouco de azucre branco nun prato e un pouco de zume de laranxa noutro prato. Pasamos os bordos da copa primeiro polo zume e a continuación polo azucre para decorala.
  • Botamos o zume na copa e a continuación o cava en igual proporción. Remexemos con cuidado e servimos.