Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
60 minutos
Pasos
- Comezamos quentando o forno a 180 graos. Mentras cortámoslles o talo ás alcachofas e imos unha por unha agarrándoas pola base e golpeándolles a cabeza contra o mesado para que abran un pouco.
- Logo colocámolas nunha bandexa apta para o forno co talo cara abaixo e botámoslles sal e un chorriño de aceite no centro a cada unha. Metémolas no forno cando estea temperado e deixámolas uns 45 minutos.
- Pasado este tempo retirámolas do forno e botámoslles un chorriño de vinagre ou de limón por enriba.
- Para comelas só precisamos tirarlles as follas exteriores e desfrutar da parte tenra das interiores. Cómense coma pebidas!