Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
20 minutos
Ingredientes
200 g de ñoquis
100 g de tomatiños cherry
1 presa de espárragos
eiruga
1 lata de anchoas
½ cebola
2 allos
sal
aceite de oliva
Pasos
- En primeiro lugar lavamos os espárragos e cortámolos en anacos duns 2 ou 3 cm de longo. A continuación quentamos un chisco de aceite nunha tixola e botamos os dous allos picadiños até que se douren.
- Engadimos os espárragos tamén e salteámolos durante uns minutos.
- Para cociñar os ñoquis poñemos unha pota ao lume con auga e un chisco de sal e cando comece a ferver botámolos. Pasados uns 3 ou 4 minutos comezarán a flotar e xa estarán cociñados. Escorrémolos e colocámolos nos pratos onde os vaiamos servir, engadímoslles os tomatiños lavados, a cebola cortada en xuliana, a eiruga e tamén os espárragos.
- Mesturamos un pouco, decoramos por enriba coas anchoas e aliñamos con aceite de oliva antes de servir.