Detalles
Cantidade
8 persoas
Tempo
120 minutos
Dificultade
Media
Ingredientes
280 g de fariña
350 g de cenorias
4 ovos
300 g de azucre moreno
250 g de manteiga
1 culler de canela en pó
1 culler de xenxibre moído
1 culler de bicarbonato sódico
2 culleres de formento químico en pó
1 chisco de sal
- Para a cobertura:
300 g de Mascarpone
250 ml de nata para montar
250 g de azucre
1 culler de sobremesa de extracto de vainilla
50 g de manteiga a temperatura ambiente
Pasos
- Lavamos as cenorias e picámolas coa picadora.
- Mesturamos os ingredientes secos por un lado. Tamizamos a fariña, o bicarbonato, o formento en pó, a canela e o xenxibre e un chisco de sal.
- Noutro cunco mesturamos o azucre moreno e os ovos e batemos até que se forme escuma.
- Botamos os ovos con azucre no cunca da fariña, a cenoria e a manteiga derretida e mesturamos até obter unha masa homoxenea.
- Quentamos o forno a 180 graus con calor arriba e abaixo e metemos a masa no forno nun molde. Deixámola arredor de 60 minutos, cando comece a coller cor, cubrimos con papel de aluminio para que non se torre.
- Unha vez fora do forno, deixamos arrefriar.
- Para facer o recheo mesturamos a manteiga, é moi importante que este a temperatura ambiente, co queixo mascarpone e a vainilla. Montamos a nata co azucre e incorporámola á mestura.
- Cortamos o biscoito en 3 capas e colocamos o recheo entre o biscoito.
- Finalmente cubrimos o biscoito co recheo e decoramos con noces.