Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
45 minutos
Pasos
- En primeiro lugar lavamos ben os porros e cortámolos en dúas metades, a continuación cortámolos lonxitudinalmente polo medio e colocámolos nunha bandexa apta para o forno coa parte interior cara arriba.
- Picamos os dentes de allo ben finiños e botámolos por enriba dos porros, botámoslle tamén as herbas aromáticas ao gusto e finalmente un chorro abundante de aceite de oliva.
- Metemos no forno, que previamente quentamos a 180ºC, e deixamos uns 35 minutos até que os allos e os porros comecen a estar douradiños por enriba.
- Servimos quentes e se queremos podemos acompañalos dalgún mollo, a salsa Romesco ou o Alioli combinarán a perfección con esta receita.