As roscas de Dora

Detalles

Racións

24 unidades

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 4 ovos

  • 500 g de fariña de trigo

  • 15 g de lévedo en po

  • 100 ml de anís

  • 90 ml de aceite de oliva

  • 50 g de azucre

  • reladura dun limón

  • sal

Pasos

  • Batemos o ovo co azucre cun batedor de globo durante uns minutos e engadimos o aceite pouco a pouco mentres seguimos batendo. Incorporamos tamén a reladura do limón e o anís e seguimos batendo.
  • Engadimos a fariña, o lévedo e o sal, mesturamos ben todo e finalmente botamos un pouco de fariña sobre a mesa e traballamos a masa coas mans. Formamos unha bola e deixamos repousar durante unha hora cuberta cun pano.
  • Despois do repouso xa podemos comezar a facer as roscas. Imos ir formándoas mentres as fritimos. Para axudarnos a traballar a masa podemos mollar un pouco as mans en aceite, así evitaremos que se nos pegue. Para darlles a forma collemos pequenos anacos de masa e formamos pequenas boliñas, facémoslles un burato no medio cun dedo e estirámolas un pouco.
  • Botamos abundante aceite nunha pota, e cando estea quente comezamos a fritir as roscas. Retirámolas no momento que estean douradiñas e colocámolas sobre papel absorbente para tirarlles o aceite sobrante. Finalmente botámoslles azucre por enriba e podemos gozar delas en canto arrefríen un pouco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *