Torta de mazá

Detalles

Racións

8 persoas

Tempo

90 minutos

Ingredientes

  • 4 mazás verdes

  • marmelada de pexego

  • Para a crema pasteleira:
  • 500 ml de leite

  • 3 xemas e 1 ovo

  • 30 g de maicena

  • 75 g de azucre

  • 1 ramiña de canela

  • 1 limón

  • Para a masa:
  • 125 g de manteiga en pomada

  • 250 g de fariña de trigo

  • 1 ovo

  • 1 chisco de sal

  • garavanzos secos para enfornar

  • MOLDE
  • Desmontable de 28 cm

Pasos

  • Para a masa:
  • Comezamos facendo a masa quebrada que será a base da nosa torta. Botamos nun cunco a fariña de trigo peneirada xunto cun chisco de sal e coa manteiga en pomada, mesturamos todo coas mans até ter unha mestura areosa.
  • Engadimos o ovo e amasamos coas mans para obter unha masa homoxénea e que non se pegue ás mans. Botamos un chisco de fariña sobre a mesa e seguimos amasando outros 5 minutos. Finalmente formamos unha bola coa masa, cubrímola con film transparente e deixámola repousar unha hora na neveira.
  • Despois de deixar repousar a masa, estendémola ben cun rolete e colocámola sobre un molde redondo apto para o forno. Picamos cun garfo e cubrimos con papel de forno e con garbanzos por enriba para evitar que suba.
  • Metemos no forno, que previamente quentamos a 180ºC, e deixamos 15 minutos.
  • Para a crema:
  • Para a crema imos seguir a nosa receita de crema pasteleira. Imos engadir tamén 2 pedazos de reladura de limón para infusionar o leite xunto a canela.
  • Montaxe:
  • Retiramos do forno a base, agardamos a que arrefríe uns minutos e esparexemos a crema sobre a masa de xeito que fique uniforme a superficie.
  • Pelamos as mazas, cortámolas en 4 cuarteiróns e cortamos estes en láminas coa axuda dunha mandolina ou cun coitelo no seu defecto.
  • Colocamos os anacos de mazá sobre a crema en cículos concéntricos e metemos no forno durante 45 minutos a 180ºC. Botámoslle un ollo de cando en vez para evitar que se queime, se vemos que pode torrarse colocámoslle por enriba un pedazo de papel de aluminio.
  • Retiramos do forno e deixamos arrefríar un pouco.
  • Finalmente, mesturamos 3 culleres de marmelada nun cunco cunha culler de auga e pintamos cun pincel a torta por enriba para darlle brillo.
  • Agardamos a que arrefríe de todo para tirar o molde e poder gozar dela.